Wednesday 15 de May de 2024

O monólito de Ramiro Recouso Liste loce de novo en perfecto estado no paseo fluvial que leva o seu nome


O Concello procedeu inmediatamente coa súa limpeza e arrombamento

O Concello de Ordes procedeu esta mañá coa limpeza do monólito e a placa na honra do concelleiro Ramiro Recouso Liste. No día de onte esta peza, así como outras edificacións e elementos do mobiliario do paseo fluvial que leva o nove do edil nacionalista, amenceron cunha capa de pintura verde.
Esta mañá persoal especializado e dotado con maquinaria e produtos de limpeza apropiados levaron a cabo as funcións e tarefas precisas para que novamente a zona presente o aspecto habitual.
Tanto os habitantes de Ordes como o Concello manifestaron a súa repulsa ante feitos vandálicos desta índole.